- Editorial:
- EDICIÓNS DO CUMIO
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-8289-803-2
- Páginas:
- 44
- Encuadernación:
- Otros
FÍXATE: ÁRBORES
AN
ANNA, SANJUAN
FÍXATE: ÁRBORES é un conxunto de fichas ilustradas en galego pensado para descubrir, identificar e consultar información sobre diferentes especies de árbores dun xeito visual, claro e accesible. Cada ficha presenta ilustracións detalladas e datos clave que permiten recoñecer e coñecer mellor cada árbore.
Encadernadas cun anel metálico e impresas en cartolina resistente, as fichas están deseñadas como un recurso práctico e versátil, ideal tanto para a consulta en clase ou na casa como para acompañar actividades no exterior. O seu formato manexable permite utilizalas de forma flexible, facilitando a aprendizaxe e a observación directa do medio natural.
Un material educativo que fomenta o coñecemento da natureza, a curiosidade e o interese polo contorno, dirixido a nenos e nenas a partir de 8 anos, así como a familias e centros educativos.